4/11/09

LEDICIA COSTAS ÁLVAREZ


LEDICIA COSTAS ÁLVAREZ


Nacín en Vigo no 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Non recordo a data exacta na que empecei a escribir poesía, pero debía de andar polos oito anos. A miña primeira novela chegou cando acababa de cumprir os catorce, e desde ese momento souben que o que quería facer máis que calquera outra cousa era escribir.
No eido da narrativa Edicións Xerais publicou a miña novela Unha estrela no vento, que vai pola oitava edición e me permitiu visitar ducias de centros de ensino de toda Galicia para falar co alumnado acerca desta obra. A mesma editorial publicou o volume colectivo Narradoras, no que contribuín co relato titulado Negrita. Os meus textos tamén viron a luz en xornais como Info Xove, publicacións como Dillo a quen maltrata ou Letras Novas, publicación editada pola Asociación de Escritores en lingua galega, ou revistas como Festa da Palabra Silenciada, onde participei con textos de creación literaria e con artigos de opinión.
No eido da poesía levei premios coma o I Premio de Poesía do Concello de Marín, I Premio de Poesía da Universidade de Vigo, mención de honra no GZ Crea de Novos Creadores Galegos. A miña obra poética atópase repartida en diferentes publicacións: Isto é un poema e hai xente detrás, editada por Espiral Maior e Xunta de Galicia, Premios Universidade de Vigo e Dorna: expresión poética galega.
O meu último poemario (inédito), leva por título Xardín de Inverno e outras augas e conta a historia do paso do tempo, da morte e da perda. A protagonista é unha muller que vai representar diferentes ciclos da súa vida nun escenario poético que se atopa no bordo que separa a realidade da ficción.

30/10/09

Horarios Lama Phuntsok

Venres 30 - Benvida e introducción
19:30 Charla conferencia sobre os fundamentos do budismo

Sábado 31 - Shiné (pacificación mental)
10:00-11:30 Práctica
11:30-12:00 Té
12:00-13:30 Práctica
14:00 Comida
16:30-18:00 Práctica
19:00-20:00 Práctica

Domingo - Bar-do (tránsito)
10:00-11:30 Práctica
11:30-12:00 Té
12:00-13:30 Práctica
14:00 Comida
16:30-18:30 Práctica

14/10/09

Empeza o programa de "6 días de morte"








Estimados amigos:

Para estes meses de outono estamos preparando a programación de "6 días de morte", unha proposta para falar, achegarnos e reflexionar sobre a morte, esa gran marxinada na sociedade actual, os seus rituais e as formas de entendela. Será os fins de semana do 30 de outubro ó 1 de novembro e do 6 ó 8 de novembro.

No primer fin de semana, os próximos 30 y 31 de outubre e 1 de Novembro, recibiremos a visita do venerable Lama Phuntsok, que impartirá, entre outras, ensinanzas sobre a morte (o Bardo). Se queredes asistir ás ensinanzas é necesario inscribirse e abonar unha pequena cuota de 25 € para gastos de viaxe e manutención do Lama.
Podedes realizar o ingreso en:

A Nao Mai
Caixa Galicia
nº de cuenta: 2091 0125 42 3000075245

Os próximos días colgaremos a programación do segundo fin de semana (6-7-8 de novembro), que incluirá pelis, poesía, música, curtas e narracións... de morte.

Esperamos vervos pronto.
Abrazos

11/10/09

Programacion Agosto 2009

Aquí tedes unhas imaxes do que pasou neste festival


















non se cabía "Cheo absoluto"


















Angel Rueda e os 50 años en el andamio


















Papo Plas na praza da catedral


















Curso de cociña macrobiótica con Lorena Ferdez
















Actuación das caboverdianas de Batuko Tabanka
















A noite de Borja e Kukas
















As sobremesas da taberna








































Swing Blues na capilla de Pazo























Manuel Lourenzo na capilla
















Nocturno Poe de Casa Hamlet
















Sinfonía en Ja Mayor por el mimo Nacho Otero
















Erosión inducida, un espectáculo entre o teatro danza e pantomima con Marcelo Pena e Nacho Otero
















Concerto de música barroca por Resonet
















Música e baile con Pena do golpe na taberna
















Os tres porquiños de Tirititempo
















Contos do vento acatarrado dos monicreques de Kukas


















Samuel Levi en concierto



Foto de familia
























Spaguetti títeres con cinco historias