LEDICIA COSTAS ÁLVAREZ
Nacín en Vigo no 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Non recordo a data exacta na que empecei a escribir poesía, pero debía de andar polos oito anos. A miña primeira novela chegou cando acababa de cumprir os catorce, e desde ese momento souben que o que quería facer máis que calquera outra cousa era escribir.
No eido da narrativa Edicións Xerais publicou a miña novela Unha estrela no vento, que vai pola oitava edición e me permitiu visitar ducias de centros de ensino de toda Galicia para falar co alumnado acerca desta obra. A mesma editorial publicou o volume colectivo Narradoras, no que contribuín co relato titulado Negrita. Os meus textos tamén viron a luz en xornais como Info Xove, publicacións como Dillo a quen maltrata ou Letras Novas, publicación editada pola Asociación de Escritores en lingua galega, ou revistas como Festa da Palabra Silenciada, onde participei con textos de creación literaria e con artigos de opinión.
No eido da poesía levei premios coma o I Premio de Poesía do Concello de Marín, I Premio de Poesía da Universidade de Vigo, mención de honra no GZ Crea de Novos Creadores Galegos. A miña obra poética atópase repartida en diferentes publicacións: Isto é un poema e hai xente detrás, editada por Espiral Maior e Xunta de Galicia, Premios Universidade de Vigo e Dorna: expresión poética galega.
O meu último poemario (inédito), leva por título Xardín de Inverno e outras augas e conta a historia do paso do tempo, da morte e da perda. A protagonista é unha muller que vai representar diferentes ciclos da súa vida nun escenario poético que se atopa no bordo que separa a realidade da ficción.

No hay comentarios:
Publicar un comentario