
Estimados amigos:
Para estes meses de outono estamos preparando a programación de "6 días de morte", unha proposta para falar, achegarnos e reflexionar sobre a morte, esa gran marxinada na sociedade actual, os seus rituais e as formas de entendela. Será os fins de semana do 30 de outubro ó 1 de novembro e do 6 ó 8 de novembro.
No primer fin de semana, os próximos 30 y 31 de outubre e 1 de Novembro, recibiremos a visita do venerable Lama Phuntsok, que impartirá, entre outras, ensinanzas sobre a morte (o Bardo). Se queredes asistir ás ensinanzas é necesario inscribirse e abonar unha pequena cuota de 25 € para gastos de viaxe e manutención do Lama.
Podedes realizar o ingreso en:
A Nao Mai
Caixa Galicia
nº de cuenta: 2091 0125 42 3000075245
Os próximos días colgaremos a programación do segundo fin de semana (6-7-8 de novembro), que incluirá pelis, poesía, música, curtas e narracións... de morte.
Esperamos vervos pronto.
Abrazos
No hay comentarios:
Publicar un comentario