21/5/09

Fotos das Letras

Finalmente celebramos o fin de semana das Letras Galegas e o inicio das actividades 2009 da Nao. Foi unha festa na que disfrutamos dun programa variado, cunha moi boa acollida de público, e cunhas estupendas actuacións das que vos deixamos aquí unhas imaxes.

Queremos expresar o noso agradecemento a tódol@s amig@s que non só fixeron todo esto posible, senón que o convertiron nalgo moi rico e moi divertido. A Mara, Lorena e María; a Armando Besto e a súa familia; a Ángel, Xulio, Andrés, Sandro, Gino, Cora, Juanjo, Mata e Rubén; a Kukas e Isabel, a Toño e á súa muller, Mario e familia, Chus e Chemel, Bernardo e Comba, ó Orfeón de Mondoñedo, a Xulia e á súa filla... e disculpade se olvidamos a alguén.


Proxección arquivo Xose Pernas

Música popular

Gran verbena Orquesta Pasatempo

Comando Inpresentable na rua

Contos doutros lugares

Comando Inpresentable na capilla

Animatzie e computeronova + Bio Box

Contrabaixo solista

Orfeón mindoniense

Zora Gabbara en concerto

8/5/09

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2009


Benquerid@s amig@s

os vindeiros días 15, 16 e 17 de maio, dende a factoría cultural A Nao Mai queremos convidarvos ó primeiro evento da programación do 2009, os actos que temos previstos para as Letras Galegas. O noso obxetivo é que a Nao sexa un espacio para a cultura, o teatro, a música ... aberto e participativo.

como sabedes, o ano pasado iniciamos a andaina deste particular proxecto cultural. temos traballado arreo para poñer en marcha o Pazo de San Isidro, en Mondoñedo, como sede da asociación e para poñer este espazo privilexiado a disposición de creadores, artistas e do público.

Agardamos logo vervos por estas terras.

Unha aperta,
A Nao Mai

1/9/08

Datos historicos

PAZO DE SAN ISIDRO
HISTORIA DUN EDIFICIO EMBLEMÁTICO DE MONDOÑEDO
Por Simoneta Dondi, directora do Museo Catedralicio-Diocesano

A orixe da cidade de Mondoñedo remóntase ao 1116, cando a raíña Dona Urraca, no Concilio de Palencia baixo a Bula do Papa Pascual II, crea a actual Diócese cun territorio de 4500 kilómetros cadrados. Sen embargo, aquí xa existía o antigo Val de Brea ou Vallíbria, asentamento medieval con orixe romana. Por esa razón existe nesta localidade unha calzada e unha ponte romana, ambos os dous moi próximos ao Pazo de San Isidro, o que fai supoñer que foi este o lugar da antiga via da Idade Media. O outeiro onde se atopa este impoñente edificio é un punto estratéxico debido á sua orografía e situación cunha vista impresionante de todo o val.

Neste asentamento medieval, segundo documentos antigos, fálase dunha torre vella. Non sería aventurado pensar que os muros sorprendentemente grosos e de aspecto moi antigo por debaixo do salón do trono do pazo poderían ser o aproveitamento, no século XVII, dos restos da devandita torre. Isto confírmanolo o historiógrafo de principios do século XX, Eduardo Lence-Santar e Guitián, falando dun escudo do pazo correspondente ás armas de Sarmiento. Tamén afirma que a súa antiga ubicación foi en Vallíbria na habitación do mosteiro chamada “a Torre”. Debido ao “non plus ultra” que aparece no escudo podemos deducir que se trataba dun lugar tan importante que chegou a ter xurisdición civil e militar.

O convento
O 12 de Maio de 1635 asínanse na Vila de Viveiro as condicións, o contrato e o compromiso da obra do Convento das Madres Concepcionistas, que levará a cabo Dona María Pardo de Andrade co mestre de cantería Diego Ibáñez Pacheco. Baixo o pontificado do bispo don Francisco de Torres e Grijalba (1648-1662), en 1656, coa súa autorización viñeron unhas monxas concepcionistas desde Viveiro para fundar un convento en Mondoñedo: instálanse extramuros da cidade. Esta fundación realizouse en virtude do testamento da devandita Dona María: visto que o proxecto de Ibáñez Pacheco non se puido realizar en Viveiro realízase na Sé Episcopal, no lugar coñecido como Coto de Outeiro. A súa execución encomendouse ao capitán Pedro Fernández de Vaamonde, patrono de dito convento.

Ibáñez Pacheco xa coñecía Mondoñedo cando foi chamado polo bispo Don Antonio de Valdés (1633-1636) para que realizase a última obra executada baixo o seu pontificado, que foi o actual claustro da catedral. A escritura do acordo asinouse o 19 de xullo de 1636.

As monxas quedaron en S.Isidro até a metade do s.XVIII, cando a cidade estaba baixo o pontificado de Frai Juan Muñoz y Salcedo (1705-1728). O 29 de Novembro de 1707 o prelado, nunha xuntanza capitular, fai manifesto o perigo no que se atopan as concepcionistas, a causa do alarmante estado ruinoso do Pazo. Mercede á insistencia do bispo, xa que o Cabildo non se puña dacordo, as monxas foron trasladadas ao pazo episcopal, mentres se supuña que se realizaban as obras de restauración. Unha vez instaladas no pazo episcopal pensaron en fundar un novo convento nos Remedios, e para iso pediron en 1708 autorización ao Cabildo. Este opúxose ao proxecto das relixiosas, o que provocou un longo pleito.

Diante do desexo das concepcionistas de que o seu convento estivese dentro da cidade, ofrecéuselles unha das propiedades que tiña Dona María Marquesa Pardo, viúva de Don Pedro Pardo de Oyos, sita na rúa de Batitalas Alta.

O 30 de setembro de 1716, festa de San Xerome (orde á que pertencía o bispo) autorízanse as obras do novo convento. Os dous historiógrafos, Villaamil e Castro y Florez, din que o prelado fixo pola súa conta o convento, dourou o retablo maior da súa igrexa, tamén pagou o retablo de San Isidro, dado que as relixiosas se viron obrigadas a vender o anterior para as reparacións.

O abandono e posterior restauración
Cando as monxas marcharon definitivamente do Pazo, este foille devolto aos seus antigos propietarios. A partir deste momento esta propiedade pasou por numerosas mans que o acabaron deixando abandonado, provocando a súa case desaparición. Até que no 1999 foi adquirido por Don José de Orozco y Sánchez-Aguilera, avogado e cabaleiro de H e D da SMO de Malta, e a súa esposa Dona Simonetta, Marquesa Dondi dall’Orologio, que actualmente é Directora do Museo Catedralicio-Diocesano. Foron eles quen emprenderon as obras de restauración.

É o pazo rústico máis grande da comarca, coa peculiaridade de ter planta baixa, primeira e segunda planta. Tamén posúe unha típica característica galega que é que a fachada e a porta principal están ocultas no lugar máis recóndito da propiedade; se cadra esta peculiaridade provén da distribución ascética, influenciada polo Císter nestas terras.

Outra peculiaridade deste edificio é que os antigos conventos franciscanos: San Pedro de Alcántara e o Mosteiro dos Picos, atópanse en liña recta respecto do Pazo de San Isidro, ainda que non achamos ningunha explicación lóxica para esta singulariedade.

Por todo isto pensamos que o Pazo de San Isidro debera estar adicado a actividades culturais para que todo o mundo poida admirar e deleitarse coa súa beleza e orixinalidade.

14/7/08

Quen somos

A NAO MAI e unha asociación sin animo de lucro, para o desenvolvemento das artes escénicas, plásticas, audiovisuais, musicais e socioculturais en Galicia. Este colectivo (de carácter non gremial) esta integrado por artistas e persoas dos diferentes eidos da cultura e da sociedade (poetas, cine, músicos, actores, abogados, funcionarios, universitarios, organizacions socioculturais, deseñadores gráficos) alguns con mais de 20 anos de experiencia profesional. Vencellados polo gusto da arte en xeral e pola idea da producción artística como algo diferenciador da producción artístico-industrial. O acto de creación, a idea, a inspiración no son algo suxeito a ley nin prazo, e fruto da reflexión e esta e a sua peculiaridade, a sua forza.

A NAO MAI conta con duas sedes sociais, unha en Coruña na escola de teatro Danthea e outra no Pazo de San Isidro sede de este colectivo en Mondoñedo. Ambas queren ser un espazo para o desenvolvemento dun proxecto de xestion cultural de carácter multidisciplinar, onde o Pazo de San Isidro teña un lugar destacado como centro de creacion artistica do norte galego

En definitiva espazos abertos que sirvan de xeneradores e difusores de proxectos útis e racionais para asociados e cidadans. Queremos ofrecer propostas executadas dende a experiencia, para que ese mesmo acto creativo sexa realmente fructífero.

Dende A NAO MAI se esta a facer xa un importante esforzo, para que todolos contidos dispoñan de espazos axeitados as actividades programadas polas distintas areas que integran este colectivo. A nosa prevision e abrir o publico en Outubro de 2008.