Por fin, despois de innumerables contratiempos, percances, idas e voltas xa temos horta. Patacas, leitugas, fresas, pementos, tomates, xudias, mentas, cilantros e o que queda por sementar, pero en calqueira caso o sementado crecendo está...
morreu a sardiña a tristura nos come a saudade do Masma finou estamos abraiados o abrente torna a escuro trememos de medo ai sardiña salerosa mira por nos aí sardiña ventureira roga por nos aí sardiña mística curanos a nós aí sardiña soñadora ilumínanos aí sardiña namorada contaxianos aí sardiña ventureira convencenos
roga por nos sardiña do amor, da saudade, reina do antroido, do desenfado, do troco, e do baile, axúdanos a sair da:
melancolia levantanos da tristura líbranos dos malos políticos protéxenos dos intransixentes líbranos da ignorancia líbranos da ignominia líbranos da falta de luces protéxenos da añoranza protéxenos
por ese amor que che fixo romper cas leis da natureza o namorarte de Don Troito, polos intres de felicidade dos que disfrutastedes xuntos, PREGAMOSCHE que nos des a alegría, a frescura e a fortaleza para esperar da festa de Don Carnal néste Mondoñedo do noso amor.