31/1/10

enterramos á sardiña ...


Empezamos as actividades do 2010 propoñéndovos que participedes no Enterro da Sardiña, que por primeira vez imos organizar e celebrar en Mondoñedo. É o Mércores de Cinza (17 de febreiro).

Para participar na construcción da Sardiña e o seu cadaleito, deixar as vosas propostas de coplas e de disposicións testamentarias e facernos calquera achega ou suxerencia, o taller dos títeres (Barrio dos Muiños) estará aberto (case) tódolos días ata o da celebración do enterro, en horario de 18:00 a 20:30 horas.

Máis info e o programa completo no adxunto ... agardámosvos!


4/11/09

PROGRAMA 6 DIAS DE MORTE

VENRES 6

20 H. Recital Poetico. Ledicia Costas
21 h . Marcelo Pena. Preformance
22 h, Cine. Nosferatu

SABADO 7

19 H. Nacho Otero. A sus ordenes mi general.
20 h. Quico Cadaval. Fantasmas familiares
22 h. Shroud of tears. (gotico -metal)

DOMINGO 8

20 H. Curtametraxes
21.30 h. Cine. El septimo sello

36/75. CURTAMETRAXE

36/75
(España, 2009)

Dirección, guión e produción: Xurxo González. Duración: 40 minutos.
A Guarda. Febreiro 2009. Eleccións Galegas. O sentimento democrático ilumina friamente lugares anónimos onde se esvaeceron os sinais do paso do “demo”. Reflexión sobre a dificultade de lembrar, dos problemas da Historia, do paso do tempo, da significación dos espazos, da fraxilidade da memoria, da natureza documental e da vontade de esquecer dunha parte da sociedade que convive, sen querer darse de conta, en escenarios que testemuñan a barbarie.

QUICO CADAVAL

QUICO CADAVAL
Nace en Ribeira, en la Ría de Arousa, donde Dios apoyó el dedo anular en su día de descanso (el séptimo). El feliz natalicio se produjo en el año cuatro a.m.m.m. (antes de la muerte de Marilyn Monroe) en una taberna, en la que creció. En su infancia convivió con marineros que extraían mágicamente bacalaos salados de sus pantalones, quinquilleras que revelaban a gritos el origen de la vida mientras devoraban carne asada y ancianas que conseguían orinar de pie con precisión de cirujanas.
Por el modo que tiene de hablar de sí mismo parece que no tiene abuela, pero la tuvo y se le nota mucho. Fué educado por un profesor entusiasta de los castigos físicos y de la escritura barroca, en la actualidad cronista local de la ciudad de Ribeira. En su época universitaria descuidó sus estudios de arte para coquetear con el amor, la política y la droga. Recibió muchas críticas de sus amigos "junkies" por el consumo inmoderado de drogas blandas y mostos fermentados.
Dirigió espectáculos de teatro con la presencia de huérfanas de hijos, quinquilleras, viudas de carpintero, traficantes de toneles, palilheiras-macho, inmigrantes ilegales y gitanas vengativas. Escribió piezas de teatro protagonizadas por traficantes mudos, diosas, piratas (sexo femenino), ociosos, aristócratas pintores, músicos ambulantes y vendedoras de amor al pormenor.
Por si esto fuera poco, es omnívoro.


Fantasmas Familiares

Quico Cadaval, leva desenvolvendo desde os anos noventa un tipo de espectáculo unipersonal a meio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaret literario.
O espectáculo, sempre impreciso nos seus límites temáticos e estilísticos, apresentou-se xa en festivais tan importantes como o Iberoamericano de Teatro de Bogotá, Festival de Teatro de Almada, Maraton de los cuentos de Guadalajara, Mindelact do Mindelo, Festival da Liberdade de Faro e tal.
Na sua forma actual, Fantasmas Familiares, aproveita a referencia do espectro das historias tradicionais, para explorar outras zonas espectrais da nosa conciencia, nosa memoria e a nosa percepción.
Como saempre aparecerán tiranos, piratas, funcionarios, putas, taberneiras, cregos, valentes, estudantes, chavoleiros, filósofos, cans, vacas e outros fantasmas. Ou non.