Os compoñentes do grupo contan cunha ampla traxectoria profesional de colaboración con formacións como a Real Filharmonía de Galicia, a Oviedo Filarmonía, a Orquesta de Cámara de Menorca e as sinfónicas de Galicia, Estremadura, Madrid, Granada, Barcelona, Navarra, Castela-León ou a Nacional de Catalunya, entre outras.
Actualmente o grupo colabora con compositores galegos no fomento da creación musical, estreando e difundindo composicións orixinais para este tipo de formacións.
Omega Brass Ensemble interpreta nos seus concertos obras estilisticamente moi variadas, dando a coñecer todo tipo de repertorio cun aire ameno e desenvolto e presentando programas destinados a todos os públicos e idades.
O programa de hoxe estará composto por obras de Bach, Enrique Crespo, Pachelbel, Mozart, ou o galego Juan Montes, entre outros.
MÚSICA PARA QUINTETO DE METAIS
Ramón Llátser: trompeta
Fernando Rey: trompeta
Benjamín Iglesias: trompa
Iago Ríos: trombón
Jonathan Vázquez: tuba
PAZO DE SAN ISIDRO 17 DE SETEMBRO 20.30 H
No hay comentarios:
Publicar un comentario