19/2/10

testamento otorgado por Dª sardiña

TESTAMENTO Dª SARDIÑA

A comitiva estase vestindo, os mais despistados buscan as suas mouras ropas para acompañar a esta soñadora namorada do amor, amante de aventuras, traviesa lixeira, xoven atrevida, inqueta perseguida po la mediocridade que xa de pequena nadaba polas costas da Mariña, gustáballe de Foz a Ribadeo navegar sen horario, sen ter en conta as cores das bandeiras e da ollada ceñuda dos socorristas, adentróuse polo Eo ata a súa beira chegando incluso a vislumbra-la Ponte nova.

Tivo romances con rodaballos, lenguados, salmóns e camaróns, encontros con robalizas e bogavantes, desencontros con merluzos e problemas con ariegos, pero foi no Valiñadares afluente natural do Masma donde por primeira e definitiva vez o seu frío corazón quedou prendado de Don Trucho co que alegre e divertidamente subian polo Tronceda para disfrutar das súas pozas e saltos, dos seus rápidos e tobogáns, da suas cristalinas e puras augas así como dos seus sabrosos zapateros, moscas, mosquitos e demais mamíferos saborosos.

os músicos afinan os seus instrumentos, as plañideras fan gargaras as autoridades lustran os seus traxes e o clero estremecese. Deixounos a sardiña, prima da anchoa e do arenque, señora de don troito e admiradora do Entroido. Foi pescada a orillas do Valiñadares por un desalmado furtivo que ignorante da súa beleza todo lle deu igual.

Nos seus últimos respingos escoitouselle recitar todo aquelo que lle gusta y que lle fai vibrar, tamén tivo tempo de poñer a cada un no seu lugar e baixo a atenta mirada do ilustre notario, testamento completo pudo dictar, que na praza do concello público se fará.

Eu, como albacea testamentario da Cofradía da nosa ben querida sardiña, dou lectura as súas últimas vontades que deixou en testamento manuscrito:

Eu, a sardiña, en posesión de plenas facultades mentais, e tendo sempre como obxetivo o benestar da cidade de Mondoñedo, de todos os seus cidadáns e cidadanas, considera que a solución a todos os presentes problemas que padecemos chámase:

PROGRESO !!!

Para acadalo teño desenvolto un plan, moi meditado que xa ten tido éxito noutros lugares, como San Adrián, Lindín de Abaixo ou Piugos, e que se concreta nas seguintes áreas e actuacións:

O primeiro de todo, acabar co vello, e para elo:

que quiten a Fonte Vella e poñan unha nova
que fagan unha Catedral nova, que reluzca, con neóns e ascensores, toda automatizada
que quiten o empedrado das rúas, e poñan tartán, para que as vellas cando caian reboten
unha pomba nova para bastón do Mago Merlín, e xa postos, un parque temático
a declaración XA de Mondoñedo como Parque Sobrenatural
en xeral, que redondeen as esquinas

A segunda área de actuación, o Concello:

un cambio de look para o Alcalde
para Xusto, unha enciclopedia p'a paseala
para Modesto, unha perruca
e un sonotone para Conchita

En terceiro lugar, mellorar e ampliar as infraestructuras:

a instalción dunha redonda de diante da porta de cada veciño
máis semáforos por favor
que sustitúan as escaleiras todas por escaleiras eléctricas
parking soterrado
autopistas de peaxe
parada de metro
aeroporto, porto e base naval
un par de rañaceos
un funicular dende á catedral ó pazo de san isidro
instalación de un Carrefour, un Corte inglés, un gadis dos jrandes, un ikea, un decathlon un leroi merlin e un concesionario de aigas (el más grande que haiga)

Cuarto, sanidade e asuntos sociais:

instalación dun hospital da Costa
Necesitamos un templo budista, unha mezquita, unha xudería e un lago salgado para os mormóns
unha axencia matrimonial, “Vidas cruzadas”, sin discriminación de edade, orientación sexual nen oficio
acolchado das barras dos bares

Quinto, medio ambiente:

alicatado do río Valiñadares e Tronceda
unha canteira na alameda dos Remedios

Sexto, cultura:

apertura dun par de macrodiscotecas, tipo Hermo ou Troco. Propoño a Escariz como DJ.
Un sex - shop
Un estudio cinematográfico
un paseo da fama, para as estrelas nacionais e as exportadas
e unha delegación da SGAE!

Por último, pero non menos importante, I+D+i:

que instalen un lado do Pentágono e unha delegación da NASA
cabo cañaveral

Estas son as disposicións que a sardiña dispuso e que temos que acatar.

En Mondoñedo, a 17 de Febreiro do 2010

No hay comentarios: